Skip to content
@proxectonos

Proxecto Nós

English text here

Proxecto Nós: o galego na sociedade e na economía da intelixencia artificial

👋 O Proxecto Nós está a xerar os recursos necesarios para colocar o galego na vangarda das tecnoloxías intelixentes, nomeadamente naquelas áreas relacionadas coas tecnoloxías lingüísticas e, de modo xeral, na sociedade e economía da intelixencia artificial. O Proxecto Nós é un proxecto da Xunta de Galicia cuxa execución foi encomendada á Universidade de Santiago de Compostela, a través de dúas entidades punteiras de investigación en intelixencia artificial e tecnoloxías da linguaxe: o ILG (Instituto da Lingua Galega) e o CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes).

Dentro do proxecto vanse compilar recursos e desenvolver ferramentas de alta calidade para o procesamento automático do galego, tanto oral como escrito. Ademais, produciranse demostradores de carácter xeral que permitirán mostrar as posibilidades dos ditos recursos e desenvolveranse casos de uso de alto impacto socioeconómico en diferentes contextos. O proxecto encádrase dentro das estratexias galega, española, e europea orientadas ao desenvolvemento de tecnoloxías, ferramentas e aplicacións para a proxección e uso das linguas nos ámbitos de aplicación da intelixencia artificial.

Os recursos desenvolvidos en Nós son de libre acceso por terceiros, o que vai permitir e facilitar o desenvolvemento de produtos e servizos finais baseados na lingua galega, por parte das empresas, institucións e organizacións, tanto públicas como privadas, que así o desexaren. Por último, a adopción dentro do Proxecto Nós de licenzas libres permitirá que recursos, ferramentas e ata casos de uso poidan ser mantidos pola comunidade de software libre e tamén polas empresas, o que permitirá que a comunidade galego-falante e galego-escribente poida realizar a súa vida diaria na sociedade dixital do século XXI.

Repositorios

A partir desta páxina do Proxecto Nós podes acceder a diferentes repositorios:

  • 📚 Corpus: corpus monolingües e multilingües de fala e texto para galego.
  • 🤗 Modelos de lingua: modelos lingüísticos a seren descargados para distintas aplicacións de procesamento da linguaxe natural.
  • 📱 Demos: páxinas web de demostración dos mellores modelos desenvolvidos polo equipo do Proxecto Nós.

Licenzas de corpus e modelos da linguaxe

Contribución ao proxecto - como podes envolverte na comunidade?

Se quixeres participar para a mellora dos corpus de voz e texto, ou dos modelos que estamos desenvolvendo, só tes que pedir ser incluído/a na nosa comunidade e entrar en contacto con cada un/unha dos responsábeis dos proxectos de voz e texto que están a ser desenvolvidos. Es sempre benvido/a!

Para estar ao día do proxecto podes...

Agradecementos

Dentro do proxecto Desarrollo de Modelos ALIA, os resultados do Proxecto Nós están financiados polo Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública e polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

Este proxecto con referencia 2022/TL22/00215336 está financiado polo Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública e polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia - Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU, dentro do marco do proxecto ILENIA.

O "Proxecto Nós: O galego na sociedade e economía da intelixencia artificial" é posíbel grazas ao financiamento resultado do convenio 2021-CP080 entre a Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela, e ao Programa Investigo, dentro do Plan Nacional de Recuperación, Transformación e Resiliencia, no marco do Fondo Europeo de Recuperación (NextGenerationEU).

Popular repositories Loading

  1. language-models language-models Public

    Modelos de lingua para o galego / Language models for Galician

    7 1

  2. corpora corpora Public

    Corpus de texto ou voz en galego (monolingües e multilingües) para diferentes tarefas PLN/ Monolingual and multilingual text and voice corpora in Galician for different NLP tasks.

    6 1

  3. pipeline pipeline Public

    Python 3 4

  4. demos demos Public

    Nesta sección pode acceder ás diferentes demonstracións do proxecto Nós.

    2

  5. instruction_datasets instruction_datasets Public

    Synthetic instruction datasets

    2

  6. .github .github Public

    1

Repositories

Showing 10 of 24 repositories
  • NOS-ASR-API Public

    Dockerized HTTP API for Galician Automatic Speech Recognition with Wav2Vec2 models.

    proxectonos/NOS-ASR-API's past year of commit activity
    Python 1 Apache-2.0 0 0 0 Updated Sep 9, 2026
  • galician-speech-data-harvester Public

    A tool for downloading and organising audio and text data in Galician from various public sources.

    proxectonos/galician-speech-data-harvester's past year of commit activity
    Python 1 0 0 0 Updated Jul 6, 2026
  • .github Public
    proxectonos/.github's past year of commit activity
    1 0 0 0 Updated Jul 1, 2026
  • galician-text-data-harvester Public

    Set of tools to download and organize text data in Galician from various public sources.

    proxectonos/galician-text-data-harvester's past year of commit activity
    Python 1 MIT 0 0 0 Updated Jun 29, 2026
  • galician-wikipedia-scraper Public

    Pipeline for scraping, cleaning and exporting the Galician Wikipedia as a structured JSONL corpus.

    proxectonos/galician-wikipedia-scraper's past year of commit activity
    Python 1 0 0 0 Updated Jun 12, 2026
  • MT_PL Public

    Metric for evaluating Machine Translation systems

    proxectonos/MT_PL's past year of commit activity
    Python 1 GPL-3.0 0 0 0 Updated Jun 7, 2026
  • galician-rapid-human-gen-eval Public

    Framework for running rapid human evaluations of the open-ended generation capabilities of LLMs in Galician.

    proxectonos/galician-rapid-human-gen-eval's past year of commit activity
    Python 1 Apache-2.0 0 0 0 Updated Jun 4, 2026
  • proxectonos/lm-harness-meta-eval-gl's past year of commit activity
    Python 1 Apache-2.0 0 0 0 Updated Jun 4, 2026
  • simil-eval Public

    Multilingual toolkit for evaluating LLMs using embeddings

    proxectonos/simil-eval's past year of commit activity
    Python 1 MIT 1 0 0 Updated May 28, 2026
  • nos_gl_CC0 Public

    Frases con licenza libre (CC0) en galego, recollidas polo Proxecto Nós co fin de alimentar o corpus textual de Mozilla Common Voice. / Copyright-free (CC0) sentences in Galician, collected by Proxecto Nós in order to contribute to the text corpus of Mozilla Common Voice.

    proxectonos/nos_gl_CC0's past year of commit activity
    Shell 1 1 0 0 Updated Apr 30, 2026

Top languages

Loading…

Most used topics

Loading…